A linguaxe non é neutra, é o produto dunha sociedade, reflicte os modos de pensar e ten unha repercusión na percepción que teñen as persoas da realidade que as envolve.
Desde sempre se empregou o masculino como referente da humanidade e a lingua é un vehículo que perpetúa ese principio.
As palabras masculinas empréganse para sinalar colectivos que engloban tanto mulleres como homes. Isto supón a invisibilización do 50% da poboación.
É importante inculcar o uso dunha linguaxe non discriminatoria e sexista a través da cal fágase un trato igualitario, por iso, dende a Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo desenvolveuse unha guía que contén unha serie de recomendacións sobre a linguaxe coa finalidade de utilizalas nas actuacións administrativas, así como nas publicacións, anuncios e escritos.