A violencia de xénero, en todas as súas formas, constitúe un problema socialque se debe abordar e facerlle fronte por todos os medios posibles.
Dende as administracións públicas, elaboran diferentes guías para achegar información dos recursos existentes no eido da violencia de xénero a calquera persoa ou entidade interesada, coa fin de facilitar o acompañamento e apoio ás mulleres que sofren violencia de xénero, concentrando nunha única ferramenta a descrición dos servizos e programas que integran a rede de apoio ás vítimas.