A natureza da violencia de xénero, o feito de que se produza no ámbito familiar e que tradicionalmente teña existido unha ampla tolerancia social ante esas condutas, fai que as mulleres que a sofren se atopen nunha especial situación de indefensión.
Por iso é fundamental a intervención coordinada e o establecemento de procedementos homoxéneosde actuación por parte dos poderes públicos, de modo que se garanta unha protección integral en todos os ámbitos.
Coñece o “Itinerario de Intervención con Mulleres para o Tratamento e Prevención da Violencia de Xénero” deseñado polo Concello de Santiago de Compostela.