VIOENCIA MACHISTA E LOITO POLA COMPAÑEIRA LUPE VISPO
A praza do Obradoiro acolleu hoxe un minuto de silencio pola muller asasinada onte en Cádiz vítima da vilencia machista e en memoria da nosa compañeira Lupe Vispo. Os teus compañeiros e compañeiras dámoste as grazas polo teu traballo e adicación.
Volveu así darse cumprimento á moción aprobada por unanimidade no Pleno da Corporación do 7 de setembro de 2015, que fixa accións de dó e solidariedade por cada asasinato machista.
A violencia de xénero é a expresión máis extrema da desigualdade social que sofren as mulleres, e estes asasinatos prodúcense porque a violencia segue sendo utilizada como un mecanismo de control e dominación das mulleres. O Goberno municipal e o conxunto da Corporación condenan firmemente a violencia de xénero, e queren amosar a súa máxima solidariedade coas familias de todas as mulleres asasinadas.