Minuto de silencio pola últimas vítimas mortais de violencia machista

VIOLENCIA
MACHISTA

A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas mulleres asasinadas en Torrevieja (Alacante) e en Liaño (Cantabria), vítimas de violencia machista. Membros da Corporación participaron neste acto, no que se gardou un minuto de silencio en recordo das mulleres asasinadas. Volveu así darse cumprimento á moción aprobada por unanimidade no Pleno da Corporación do 7 de setembro de 2015, que fixa accións de dó e solidariedade por cada asasinato machista.

A violencia de xénero é a expresión máis extrema da desigualdade social que sofren as mulleres, e estes asasinatos prodúcense porque a violencia segue sendo utilizada como un mecanismo de control e dominación das mulleres.

O Goberno municipal e o conxunto da Corporación condenan firmemente a violencia de xénero, e queren amosar a súa máxima solidariedade coas familias de todas as mulleres asasinadas.

Se precisas algúns dos nosos servizos

Podes pedir a túa cita previa

Ou chamar ao noso teléfono

981 542 465

Horario de inverno: de 8 a 15 horas, de luns a venres.

Horario de verán: de 8 a 14 horas, de luns a venres.