O anuario de MujerArt visibiliza o papel das mulleres no mundo da arte

ANUARIO
REVISTA MUJERART

Mercedes Rosón, concelleira responsable de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural, participou esta mañá no NH Collection na presentación do Anuario Mujerart 2021, que organizaron Compostela, Territorio das Mulleres, en colaboración co CIM. Durante a súa intervención, a concelleira puxo en valor a importancia de proxectos desta índole perante a necesidade de visibilizar as achegas que as mulleres realizaron ao longo da Historia e realizan actualmente no mundo da arte, “recoñecendo ese protagonismo escurecido pola sociedade patriarcal na que vivimos” en palabras da propia Mercedes Rosón.

A creadora e editora de MujerArt, Beatriz López, salientou a necesidade de incorporar as figuras do mundo da arte e da cultura femininas nos libros de texto de nenas e nenos ante a falta de información: “pregunteime quen decidiu a privación e desfrute que nos proporciona a arte e onde está esa parte da Historia que non nos contaron ou pola que pasamos coa punta dos pés”.

100 anuarios para repartir nos centros de ensino, nas bibliotecas e outras espazos de uso colectivo e comunitario

Por este motivo, o Concello de Santiago e o CIM participaron na impresión dun total de 100 volumes deste anuario que serán repartidos nos centros de ensino e nas bibliotecas da cidade, co fin de difundir e facilitar o coñecemento de figuras tan importantes como Enheduana, María Pérez “ A Balteira” ou “Frances Benjamin” grandes da historia ou  contemporáneas como Ruth Lodeiro, Elena Alonso, Maria Gimenez, María Mendoza ou Merche Pérez que participaron na presentación.

MujerArt é un espazo de mulleres, arte e historia, un lugar no que descubrir a creadoras e artistas, pero tamén no que se remova a historia para traer de volta a aquelas que tanto achegaron a este eido e que se converteron en grandes invisibilizadas.

Se precisas algúns dos nosos servizos

Podes pedir a túa cita previa

Ou chamar ao noso teléfono

981 542 465

Horario de inverno: de 8 a 15 horas, de luns a venres.

Horario de verán: de 8 a 14 horas, de luns a venres.