Que podemos facer por ti?

Dende o CIM de Santiago ofrecemos orientación, apoio psicolóxico, asesoramento xurídico e servizos de intervención social de forma totalmente confidencial e gratuíta, ofrecendo unha oportunidade ás persoas vítimas de violencia machista ou en situación de vulnerabilidade e ás persoas que o precisen de sentirse a salvo e acompañadas durante a procura do seu benestar.

ÁREAS DE ACTUACIÓN

ÁREA INTERVENCIÓN

No CIM ofrecémoste atención individualizada e confidencial en todo momento e en todos os procesos necesarios de forma totalmente gratuíta.

Podemos axudarte en:

ÁREA COMUNITARIA

No CIM buscamos promover a participación da cidadanía en proxectos que teñen como finalidade a procura da igualdade real entre mulleres e homes e a erradicación da discriminación e a violencia machista. Por iso, organizamos accións en diferentes áreas dende as que causar impacto na sociedade:

Asesoramento Xurídico

No noso equipo contamos cunha avogada especializada que che  proporcionará información e asesoramento en calquera tipo de consulta relacionadas co dereito penal, dereito de familia, dereito civil, dereito laboral, asistencia xurídica gratuíta, así como seguimento nos procesos iniciados e asistencia nas xestións xurídicas que procedan. 

Asistencia Psicolóxica

No noso equipo contamos cunha psicóloga especializada que che escoitará e atenderá a túa situación psicoemocional, traballando para fortalecer as túas capacidades persoais no eido que precises e acompañándote, dende a empatía e a perspectiva de xénero, en todos os procesos necesarios para a consecución do teu benestar.

Atención Social

No noso equipo contamos cunha traballadora social especializada que che dará información, orientación e asesoramento sobre todos os servizos, recursos e prestacións sociais da cidade, realizando a xestión e tramitación dos procedementos aos que podas ter dereito e levando a cabo unha intervención técnica para a resolución das situacións de necesidade e de desaxuste persoal, familiar ou social.

Ámbito Formación

Realizamos charlas, conferencias e formacións para profesionais traballadores/as no eido da violencia de xénero (psicólogos/as, avogados/as, sociólogos/as, integradores/as sociais, docentes…) e persoas que queiran ampliar os seus coñecementos e formarse en materia de xénero e igualdade.

Ámbito Cultural

Organizamos premios, concertos, actuacións teatrais, proxección de curtametraxes e diferentes actividades culturais que teñen como obxectivo convidar á sociedade a participar dunha forma lúdica na educación en materia de igualdade e perspectiva de xénero.

Ámbito Sensibilización

Realizamos diferentes xornadas, actos e campañas en conmemoración de días sinalados, como o Día Internacional da muller (8 de marzo), Día Internacional do Orgullo LGBT+, (28 de xuño), Día Europeo contra a Trata de Seres Humanos (18 de outubro), Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (25 de novembro), e outras datas significativas, así como outras actividades en materia de sensibilización e prevención da violencia de xénero abertas á participación de toda a cidadanía. 

Entidades coas que colaboramos

Asociacións de mulleres, Secretarías da muller dos sindicatos e Vogalías da muller das asociacións veciñais do Concello

Institutos de Ensino Secundario e Bacharelato de Santiago de Compostela

Centros de Educación Primaria de Santiago de Compostela

Centros de Educación Infantil de Santiago de Compostela

Se precisas algúns dos nosos servizos

Podes pedir a túa cita previa

Ou chamar ao noso teléfono

981 542 465

Horario de inverno: de 8 a 15 horas, de luns a venres.

Horario de verán: de 8 a 14 horas, de luns a venres.