RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DEPROGRAMAS E ACTIVIDADES EN PROL DA IGUALDADE EFECTIVA ENTRE MULLERES E HOMES E DAS PERSOAS DO COLECTIVO LÉSBICO, GAY,BISEXUAL, TRANSEXUAL, INTERSEXUAL E QUEER (LGBTIQ+) E DEPREVENCIÓN E LOITA CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS PARA O ANO 2025.

De conformidade co acordo da Xunta de Goberno Local de data 25/08/2025, e
consonte a base 9 da antedita convocatoria, publícase o mesmo, como resolución
definitiva da convocatoria, a cal substituirá a notificación individual, nos termos que
establece o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento
administrativo común das administracións públicas sen prexuízo do disposto no artigo
46, relativo á indicación de notificacións e publicacións.
Asemade, infórmase ás entidades beneficiarias que de acordo coa base 13 da
presente convocatoria para a súa xustificación, as entidades beneficiarias deberán
presentar as facturas correspondentes como data máxima o 30 de setembro do
presente ano e os gastos deben estar comprendidos no período do 1 de xaneiro de
2025 ata a data máxima de xustificación.
O que se notifica para o coñecemento xeral, sinalando que o citado acordo da Xunta
de Goberno pon fin á vía administrativa, e contra o mesmo, poderase interpoñer os
seguintes recursos:
1. Con carácter potestativo, recurso de reposición perante a Xunta de Goberno Local,
no prazo de un mes contado dende o día seguinte ao da notificación deste acordo, de
conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do
procedemento administrativo común.
De non se estimar o recurso de reposición, vostede poderá interpoñer o recurso
contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de
Santiago de Compostela, no prazo de dous meses dende o día seguinte ao da
notificación da resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou do que este
se entenda presuntamente desestimado, conforme establece o artigo 46.4 da Lei
29/1998, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
2. Interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo perante a o Xulgado
arriba indicado, e no mesmo prazo de dous meses, dende o día seguinte ao da
notificación deste acordo.
Non obstante, vostede poderá interpoñer calquera outro recurso que considere
conveniente.

Pincha aquí para acceder á resolución:

Se precisas algúns dos nosos servizos

Podes pedir a túa cita previa

Ou chamar ao noso teléfono

981 542 465

Horario de inverno: de 8 a 15 horas, de luns a venres.

Horario de verán: de 8 a 14 horas, de luns a venres.