Varias deportistas locais protagonizan a segunda parte da campaña municipal ‘O teu machismo dá noxo’ lanzada con motivo do 25N

 Baixo o lema “NON HAI PRÓRROGA PARA O MACHISMO. O TEU MACHISMO DÁ NOXO”, o vídeo da futbolista compostelá Vero Boquete inaugura a segunda fase desta campaña lanzada polo Concello de Santiago con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, que terá lugar o vindeiro 25 de novembro. O obxectivo destas pílulas informativas que serán difundidas a través das redes sociais é convidar á cidadanía a reflexionar sobre os comportamentos e formas de violencia machistas no mundo do deporte.A campaña “O teu machismo dá noxo”, lanzada o pasado 11 de novembro polo Concello de Santiago con motivo do 25N, suma hoxe unha nova liña de sensibilización a través do lanzamento de varias pílulas informativas protagonizadas por mulleres deportistas da cidade que se difundirán a través das redes sociais do CIM, de Compostela, Territorio das Mulleres e de Casa Xohana Torres (Facebook, Instagram e Tiktok) coa finalidade de facer reflexionar á sociedade sobre o machismo no mundo do deporte.

No marco desta campaña, desde principios deste mes estanse a difundir unha serie de mensaxes a través de diferentes soportes como carteis, vasos, manteis, bolsas empregados nos establecementos comerciais e hostaleiros adscritos, así como a través de imaxes nos autobuses urbanos e marquesiñas, lonas desepregadas en diferentes edificios emblemáticos e espazos deportivos ou proxeccións nalgunhas prazas da cidade. O 24 de novembro tamén terá lugar a lectura pública do manifesto.

Estas mensaxes pretenden apelar directamente a todas as persoas que os ven coa intención de convidar á cidadanía a reflexionar sobre comportamentos machistas como o mansplaining, sextorsión, insultos e escalificacións…Cada unha destas formas de violencia van acompañadas das correspondentes definicións para aquelas persoas que non estean familiarizadas con elas, e a nivel visual, de alimentos en estado de descomposición que buscan provocar noxo e rexeitamento no receptor/a, e que esta emoción se dirixa tamén contra quen exerce esa violencia.

Se precisas algúns dos nosos servizos

Podes pedir a túa cita previa

Ou chamar ao noso teléfono

981 542 465

Horario de inverno: de 8 a 15 horas, de luns a venres.

Horario de verán: de 8 a 14 horas, de luns a venres.