Faise público a cidadanía o anuncio do inicio do proxecto de creación dun Consello Sectorial de Igualdade en que se está a traballar desde a Alcaldía do Concello de Santiago de Compostela, coa finalidade de canalizar o dereito de participación da veciñanza de Compostela na constitución dun espazo para debater, asesorar, informar, estudar, revisar, propoñer e traballar en rede e que ten como obxectivo facer achegas ás políticas, liñas e accións municipais no ámbito da igualdade de xénero e das diversidades afectivo sexuais, para intervir no proceso de toma de decisións no ámbito local.
A cidadanía e as organizacións que o consideren adecuado poderán, no exercicio dos dereitos que lles recoñece o artigo 133.1 da Lei 39/2015, remitir as súas opinións e achegas sobre os aspectos formulados ao Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Santiago de Compostela a través do seu correo web:
cim@santiagodecompostela.gal sobre os aspectos expostos durante o prazo de 15 días hábiles que comeza o 25 de xaneiro de 2024 e remata o 14 de febreiro de 2024.
Direccións relacionadas