COMPigual
COMPOSTELA POLA IGUALDADE DE XÉNERO
COMPigual – COMPostela pola IGUALdade de xénero é un proxecto para traballar a educación
en igualdade e a prevención da violencia de xénero na comunidade educativa do concello de
Santiago de Compostela.
COMPigual diríxese tanto ao alumnado escolarizado en centros de ensino composteláns de
todas as etapas educativas, como ao profesorado e ás súas familias a través de diversas accións (talleres presencias, encontros familias–profesorado, accións a través de internet e/ou redes
sociais, guías e outros recursos didácticos …).
Este programa ten unha vixencia de dous anos, concretamente desde abril de 2021 a marzo de
2023
COÑECE OS OBXECTIVOS E AS ACCIÓNS DE COMPigual
GUÍA DIXITAL DE RECURSOS DIDÁCTICOS PARA A IGUALDADE: RECEITAS COEDUCATIVAS.
Guía orientada ao profesorado de educación infantil, primaria, secundaria e bacharelato co obxectivo de dotar ao profesorado de recursos para traballar nas aulas de cara á promoción e valores de respecto e igualdade e a prevención da aparición de situación de violencia de xénero. Esta guía contén máis de 60 actividades prácticas denominadas receitas organizadas arredor de diferentes bloques temáticos.
XOGO VIRTUAL “A-BANEANDO AS VIOLENCIAS MACHISTAS”
Xogo virtual deseñado para o alumnado da ESO, bacharelato e formación profesional co obxectivo de detectar diferentes formas de discriminación e de violencias machistas e mitos sobre o amor romántico e sobre a violencia de xénero.O xogo vai acompañado dunha breve guía de apoio.
Guía de apoio:
CONTACTO
Se queres recibir máis información sobre COMPigual podes contactar connosco a través das seguintes canles:
Correo electrónico: compigual@retnova.com
Teléfono: 604 078 903