En marcha a convocatoria de 2021 de subvencións a programas e actividades en prol da igualdade

Dende este sábado 12, e ata o 28 de xuño está aberto o prazo para a presentación de solicitudes á convocatoria de subvencións para o fomento de programas e actividades en prol da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo lésbico, gay, transexual, bisexual, queer e intersexual (LGTBQI), e prevención e loita contra as violencias machistas, durante o ano 2021.

Convocada polo Concello de Santiago a través da Concellaría de Igualdade, a convocatoria conta cun orzamento de 30.000 euros, podendo subvencionarse o 100% do gasto presentado, sempre que non supere a contía máxima de 3.000 euros por entidade.

Estas axudas están destinadas a todas aquelas asociacións e entidades sen ánimo de lucro que, entre outros requisitos, teñan recollido expresamente nos seus estatutos, como obxecto ou entre os seus fins, a consecución da efectiva igualdade de oportunidades e de trato entre mulleres e homes e/ou a defensa dos dereitos e liberdades das persoas e colectivo LGTBQI. Tamén deben ter sede, domicilio social ou delegación permanente no termo municipal de Compostela. Estas condicións deberán cumprirse na data en que finalice o prazo de presentación das solicitudes de subvención e deberanse manter todas elas ao longo do ano 2021.

A convocatoria conta con 3 liñas de axudas:

Liña 1. Programas e actividades de fomento da igualdade efectiva entre mulleres e homes. O obxecto desta liña é o de apoiar a realización de actividades e o desenvolvemento de iniciativas que promovan a igualdade de xénero.

Liña 2. Programas e actividades de fomento da igualdade efectiva das persoas LGTBQI, no que se inclúen accións de sensibilización contra os estereotipos e prexuízos e de promoción da visibilidade e normalización dos dereitos do colectivo.

Liña 3: Programas e actividades para a prevención das violencias machistas no municipio de Compostela. O obxecto desta liña é o de apoiar a posta en marcha e/ou o desenvolvemento de actividades e iniciativas que teñan como finalidade a avanzar cara a unha cidade libre de violencias machistas.

As solicitudes presentarase de forma telemática na Sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela, accedendo ao trámite na

url: https://sede.santiagodecompostela.gal/

ou en calquera outro dos rexistros previstos na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. 

Se precisas algúns dos nosos servizos

Podes pedir a túa cita previa

Ou chamar ao noso teléfono

981 542 465

Horario de inverno: de 8 a 15 horas, de luns a venres.

Horario de verán: de 8 a 14 horas, de luns a venres.