Acadar un Concello máis igualitario, onde sexa posible eliminar as barreiras que lles impiden ás mulleres levar a cabo as súas vidas con plenitude é un dos obxectivos marcados polo Concello de Santiago na súa procura pola igualdade.
Sendo unha cidade pioneira na materia, dende o ano 1999 elabórase no Concello un Plan de igualdade para amosar o compromiso de facer de Compostela unha cidade diversa, inclusiva e feminista.
Porque só traballando en común podemos construír un futuro de igualdade.
Coñece os "Plans de Igualdade" deseñados polo Concello de Santiago de Compostela nos últimos anos.